Declaración de accesibilidad
O Ministerio de Sanidade comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de acordo co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, de accesibilidade das páxinas web e aplicacións do sector público para dispositivos móbiles ,polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016 .
Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web www.sanidad.gob.es, excluíndo os contidos incrustados doutros dominios.
Situación de cumprimento
Esta web é parcialmente conforme ao Real Decreto 1112/2018 debido á falla de conformidade dos aspectos que se indican a seguir.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
-
Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
- É posible que exista un reprodutor de vídeo que non dispoña dun modo de operación que permita mostrar os subtítulos existentes [requisito número 7.1.1 da UNE-EN 301549:2022 Reprodución de subtítulos].
- Algunhas páxinas incorporan un reprodutor de vídeo que non ten unha modo de seleccionar e reproducir audiodescricións dispoñibles [requisito número 7.2.1 da UNE-EN 301549:2022 Reproducción de audiodescrición].
- Algunhas imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica [requisito número 9.1.1.1 da UNE-EN 301549:2022 Contido non textual].
- Algúns vídeos gravados poden non conter subtítulos [requisito número 9.1.2.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Subtítulos (gravados)].
- Algúns vídeos pregravados na páxina web non teñen audiodescrición ou medios alternativos [requisitos números 9.1.2.3 e 9.1.2.5 da norma UNE-EN 301549:2022 Audiodescrición ou medio alternativo (gravado)].
- Nalgunha páxina, a información, estrutura e relacións non están determinadas polo software ou non teñen alternativa como texto [requisito número 9.1.3.1 da UNE-EN 301549:2022 De información e relacións].
- Nalgunha páxina, puidéronse utilizar imaxes de texto no canto de texto para transmitir información [requisito número 9.1.4.5 da UNE-EN 301549:2022 Imaxes de texto].
- De manera puntual alguna información en movimiento automático no dispone de controles para pausar, controlar u ocultar la información [requisito número 9.2.2.2 de la norma UNE-EN 301549:2022 Poner en pausa, detener, ocultar].
- Nalgún documento, as imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica [requisito número 10.1.1.1 da UNE-EN 301549:2022 Contido non textual].
- En algún documento la información, estructura y relaciones no están determinadas por software o no tienen alternativa como texto [requisito número 10.1.3.1 de la UNE-EN 301549:2022 De información y relaciones].
- Nalgún documento, a información, estrutura e relacións non están determinadas polo software ou non teñen alternativa como texto [requisito número 10.1.3.1 da UNE-EN 301549:2022 De información e relacións].
- Nalgún documento, a relación de contraste no texto non pode ser polo menos de 4.5:1 \ [requisito número 10.1.4.3 da UNE-EN 301549:2022 Contraste mínimo].
- Nalgún documento foi posible utilizar imaxes de texto no canto de texto para transmitir información [requisito número 10.1.4.5 da UNE-EN 301549:2022 Imaxes de texto].
- En ocasións, un documento podería non ter o título da páxina identificado [requisito número 10.2.4.2 da UNE-EN 301549:2022 Título das páxinas].
- Nalgunha páxina non se indica a lingua que se utiliza de xeito predeterminado [requisito número 10.3.1.1 da norma UNE-EN 301549:2022 Lingua da páxina].
-
Carga desproporcionada
- Non aplica.
-
Contidos que non entran no ámbito da lexislación aplicable
- Pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran plenamente todos os requisitos de accesibilidade. Malia o anterior, procurouse que a maioría deles si o cumprisen.
- Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo Ministerio de Sanidade ou que non estean baixo o seu control, por exemplo, arquivos ofimáticos.
- Pode haber arquivos pregravados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran plenamente todos os requisitos de accesibilidade.
Elaboración desta declaración de accesibilidade
Esta declaración foi elaborada o 15 de setembro de 2023.
O método empregado para elaborar a declaración foi unha autoliquidación realizada pola empresa Everycode S.L.
Última revisión da declaración: 26 de setembro de 2024
Observacións e datos de contacto
- Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018), por exemplo:
- Informar de calquera posible incumprimento deste sitio web.
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relacionada coa accesibilidade do sitio web.
Para estas comunicacións, están dispoñibles estas canles de comunicación:
- Formulario de accesibilidade
- Oficina: Paseo del Prado, n.º 18-20 Planta baja, esquina C./ Lope de Vega 28014 Madrid.
-
Segundo o artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén se poderá presentar:
- Unha queixa polo cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
- Unha solicitude de información accesible sobre:
- Contidos que queden excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no artigo 3, apartado 4.
- Contido que estea exento do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.
Na solicitude de información accesible deberán especificarse claramente os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As solicitudes de información accesible e queixas pódense presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións do Ministerio de Sanidade, así como o resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común para as Administracións Públicas.
As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Subsecretaría do Ministerio de Sanidade.
Procedemento de aplicación
Se, unha vez formulada a solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos establecidos no artigo 12.5, o interesado poderá iniciar unha reclamación. Así mesmo, poderá iniciarse unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pódese presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións do Ministerio de Sanidade, así coma no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade do Ministerio de Sanidade.
Contido opcional
Este sitio web cumpre cos requisitos da Norma UNE-EN 301549:2019 Arquivo pdf. Abrirase nunha fiestra nova considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018.
O Portal do Ministerio de Sanidade, www.sanidad.gob.es, realizouse utilizando HTML5 para a marcaxe de contidos e follas de estilo CSS 3 para o deseño visual, evitando na medida do posible o uso de tecnoloxías propietarias que condicionan o uso de determinados dispositivos ou navegadores. Estes estándares garanten o acceso á información a través de calquera dispositivo de navegación que admita as recomendacións do W3C: HTML5, CSS 3.0, nivel AA.
Os estilos empregados foron construídos seguindo as recomendacións do consorcio W3C, para a versión 3 das follas de estilo en cascada e foron validados mediante a ferramenta de validación de código CSS fornecida polo consorcio, sen se detectar erros.
Por outra banda, validouse o HTML desde o que se empregan os diferentes CSS para comprobar que a árbore de análise utilizada é correcta. A análise realizouse mediante a ferramenta de validación de código HTML fornecida polo consorcio, sendo positivo o resultado desta análise.
No caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non admite follas de estilo, a marcaxe estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, as páxinas mostraranse sen ningún tipo de formato visual.
O sitio web está deseñado para a súa visualización receptiva, de xeito que se mostra de forma óptima en dispositivos tipo tableta e móbiles.
O Ministerio de Sanidade incorporou á súa páxina web a plataforma universal de accesibilidade web inSuit . Un servizo que mellora automaticamente a accesibilidade e usabilidade da web, facéndoa máis accesible e inclusiva.
Para activar a plataforma inSuit na páxina web do Ministerio de Sanidade: cómpre activar a pestana inSuit inserida no lado esquerdo (OPCIÓNS DE ACCESIBILIDADE).
O usuario recibirá desde a web as axudas técnicas que lle permitirán navegar de forma adaptada ás súas necesidades e preferencias.
Axuda técnica | Dirixida a: |
---|---|
Navegación de teclado | Persoas invidentes. Permite escoitar unha locución do contido da páxina e navegar co teclado mediante balizas numéricas. |
Navegación para visión reducida | Persoas con visión reducida. Permite ampliar o contido das páxinas, axustar os contrastes e facilitar a lectura ás persoas con dislexia. |
Comandos de voz | Persoas con discapacidade motora. Acceso a todo o contido da páxina a través de comandos de voz sinxelos. |
Navegación con sons | Persoas con discapacidade motora que teñen afectada a fala. Permite a navegación emitindo calquera tipo de sons, a través dun varrido das opcións dispoñibles. |
Navegación con Pulsador | Persoas con discapacidade motora severa. Navegación usando calquera tecla do teclado como un único botón, a través dun varrido das opcións dispoñibles. |
Navegación sinxela con botóns | Persoas con discapacidade cognitiva e persoas anciás. Navegación sinxela mediante o rato con elementos visuais destacados e botóns virtuais. |
Navegación sinxela con texto grande | Persoas anciás ou con poucas habilidades dixitais. Navegación mediante o rato que permite aumentar o tamaño do punteiro, salientar ligazóns, cambiar o contraste de cores, ampliar o contido e a estrutura, cambiar a un tipo de letra máis lexible ou especial para a dislexia e botóns de conversión de texto a voz no contido textual |
Estas son algunhas das axudas que permiten ás persoas con discapacidade acceder a toda a información publicada en calquera formato na nosa web: PDF, imaxes, vídeos, audios, táboas, etc., ademais de permitir cubrir formularios dun xeito accesible.
Si desexa localizar información relacionada co contenido desta páxina, utilice o buscador